Ola mundo!

Vaia. Ía sendo hora! Despois de non poucos intentos, parece que ao fin imos poder compartir con todas e todos vós un proxecto que xa leva varias tentantivas, algunhas de certo éxito, pero que necesitabamos afianzar.

Pictograma de saúdo "Hola" por xentileza de Divertic.org

Pictograma de saúdo “Hola” por xentileza de Divertic.org

Quedamos encantados con presentarvos toda unha escolma de diferentes sistemas para dar apoios e/ou alternativas á comunicación verbal (na linguaxe técnica dise SAAC que é un acrónimo para indicar Sistemas Aumentativos e/ou Alternativos de Comunicación).

Polo mundo adiante hai moitos sistemas para este apoio ou esta alternativa á lingua verbal, moitas veces consistían en xestos feitos co corpo ou debuxos pintados en papel coñecidos como pictogramas. A súa elaboración e o seu manexo implica sempre un gran esforzo tanto por parte de quen o ensina como por parte de quen o aprende a usar. E a era dixital achégansenos métodos que axudan e simplifican parcialmente estes traballos mediante dispositivos, documentos e servizos multimedia que son os que aquí nós fomos apañando para presentárvolos.

Veredes que algúns deles os presentamos aquí para poder descargar directamente aos vosos equipos informáticos ou móbiles. Outros os referenciamos enlazando co proveedor que os suministra directamente polos seus medios.

Que os disfrutedes e vos sexa de proveito.

Comparte este artigo
Fotografía de avatar

Sobre cherif

Alias: Cubanito, Cherif, Abuelo... Digamos que alguén que anda teimando en como converter a inclusión en realidade arraigada e con cultura, e non un concepto teórico sacado dun libro.

1 Comentario

  1. Ola, isto é un comentario. Proba satisfactoria.

Deixa una resposta a Sherif Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*