Un pictograma é un debuxo, icona, signo ou símbolo que representa esquematicamente un, obxecto, figura ou idea.
É o nome co que se denomina ós signos dos sistemas alfabéticos baseados en debuxos significativos.
Un pictograma debería ser enteramente comprensible incluso cunha mirada inatenta.
No deseño dun pictograma deberían suprimirse todos os detalles superfluos.
Na actualidade, o pictograma, de estar ben deseñado e asentado no seu uso, debera ser entendido como un signo claro e esquemático, sintetizando unha mensaxe que sobrepasa a barreira da linguaxe.