O interesante moitas veces dun sistema de comunicación non reside só no conxunto de pictogramas ou de xestos que conforman a súa base ou o seu diccionario, están tamén toda unha sorte de servizos como exercizos prácticos, sistemas de formación para o alumnado, as familias ou os docentes, sistemas interactivos de aprendizaxe e un longo etcétera moi a ter en conta cando se toma a decisión de que camiño tomar nun sistema comunicativo no que se quere acertar de principio a fin. Queda aquí unha escolma de lugares de interés na Rede onde se ofertan estes servizos e que debemos de ter en conta.